Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Festival reencontros

Este evento terminou

A Asociación de Maiores de Cedeira organiza de novo o seu Festival Reencontros, que celebrara por última vez no ano 2019. O Auditorio Municipal acollerá o sábado 1 de outubro, a partir das 20.00 horas, esta cita na que os maiores da vila adoitan recordar os “cantos de taberna”, aquelas cancións coas que de sempre acompañaron as romarías, os encontros con amigos e familia, e que conforman, de seu, un patrimonio común das xentes da vila.