Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Festas de San Antonio de Corveiro

Este evento terminou

Misa solemne ás 13.00 horas, e procesión a continuación. A música correrá a cargo da agrupación Buxainas e non faltará a tradicional poxa dos roscóns e o sorteo do perico cos que a organización prevé reunir a maior parte do diñeiro investido nos actos festivos.

A orquestra Galilea amenizará a sesión vermú e tamén actuará, a partir das 20.30 horas, na verbena coa que veciños e visitantes despediranse da primeira romaría do ano.