Exposición das obras gañadoras dos certames de pintura rápida “Vila de Cedeira”

Este evento terminou

Aberta ao público no Palacete municipal e na que se están a mostrar as obras gañadoras do Certame de Pintura Rápida “Vila de Cedeira”, a exposición inclúe doce pinturas nas que se recollen algúns dos lugares máis característicos e pintorescos da vila.

A mostra pódese ver de luns a venres en horario de 9.00 h a 14.30 horas, e os sábados de 10.00 h a 14.00 horas.