Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Entroido 2020

Este evento terminou

O desfile de hoxe sábado 22 dará comezo na praza Roxa ás 17.00 horas. O seu punto de partida será a praza Roxa e, despois de percorrer as principais rúas da vila, chegará ao pavillón polideportivo, que acollerá as actuacións. En caso de choiva os participantes irán directamente ás instalacións deportivas, onde se fará un desfile polo interior das mesmas. O xurado será designado polo Concello de Cedeira e quedará constituído por representantes municipais, de entidades culturais e sociais ou persoas de recoñecida capacidade.

O xurado valorará o vestiario e maquillaxe. así como a orixinalidade dos traxes, a coreografía, o traballo feito a man e mesmo a simpatía dos concursantes. A entrega dos diplomas terá lugar unha vez remate o desfile e o fallo do xurado sairá públicado na páxina web do Concello de Cedeira (www.cedeira.gal). Os premiados deberán solicitar o pago da contía mediante transferencia bancaria, a partir do día 2 de marzo, no rexistro municipal.

Verbena ás 23:30h na praza Roxa a cargo da orquestra Metrópolis.