Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Enterro da sardiña 2019

Este evento terminou

Alá foi Dona Sardiña.

Hoxe ás 19.00 h. terá lugar o velorio na praza da Marieta, para a continuación acompañar a tan ilustre raspa polas rúas da Vila ata a Praia da Madalena onde terá lugar o seu enterro. Invitamos a toda a veciñanza a acompañarnos nesta despedida do Entroido para deixar atrás os excesos a través deste deceso. o Concello convida á veciñanza a participar na festa dunha forma máis activa, a facer coplas satíricas que posteriormente se lerán durante a celebración do enterro.

Prégase riguroso loito e sentidas choromicadas neste funerario acto.

As Asociacións das Amas de Casa, Aturuxeiras, Veciñanza de Piñeiro e a Banda Vila de Cedeira colaboran co Concello de Cedeira na organización do Enterro da Sardiña 2019.