Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Día Internacional da Muller

Este evento terminou

Hoxe 8 de marzo ás 17.30h no Auditorio Municipal.

Farase entrega do Premio Muller da Vila e a continuación a lectura do manifesto da administración municipal a prol da igualdade de xénero.

O Premio Muller da Vila, que cada ano concede nesta data a Asociación de Mulleres da Vila é neste 2021 para as traballadoras que se ocupan, tanto desde o Concello como a través das empresas contratadas para elo, dos Servizos Sociais e da Atención no Fogar. A entidade quere recoñecer o grande esforzo que fixeron para manter os coidados dos maiores e dependentes nas complicadas circunstancias desta pandemia, na que quedou claro que son “esenciais” para moitas familias.