Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Danza contemporánea: “Plastic” de TrasPediante

Hoxe 13 de marzo ás 20.00 h. no Auditorio Municipal.

Entrada 2,5€.
Danza contemporánea.
Público adulto.

Plastic florece do interese da creadora e bailarina Paula Quintas de traballar arredor da estética e do transfondo ideolóxico que as Barbies desde facía tempo lle trasmitían. Un interese que faría idear unha posta escénica que a levase tamén a dar un xiro na súa carreira artística, ata o momento máis afincada no binomio circo-danza. Deste xeito, busca un ollo externo que lle empuxe a un novo camiño creativo, e é así como se cruza coa creadora e tamén bailarina Rut Balbis: Plastic é un traballo coreográfico de dúas mulleres creadoras galegas vinculadas ao mundo das artes do movemento.

A imaxe da Barbie nos revela un posicionamento social da muller anclado nunha visión da muller ideal, de medidas perfectas, que vive unha vida perfecta. Así todas as rapazas, sobre todo, as que xogaron cunha Barbie podían idealizar a súa vida como muller adulta deste xeito. Unha invitación a coidar máis o plano externo que o interno como persoa, preocupados só polo que a imaxe di de nós cara o resto da comunidade.

“Partindo do corpo como contenedor, como si dunha Barbie se tratara, ese plástico como contenedor que perdura ao longo do tempo, inmobilidade corporal desde o vaciado.”

 

Pódense reservar entradas desde dez días antes e ata o mesmo día pola mañá ou peche de taquilla por cheo:

  • Correo electrónico enrique.vazquez@cedeira.gal
  • Whatsapp no número 649876614 indicando o nome das persoas que asistirán e un número de teléfono. En horario de 9.00 a 14.00 h.