Conferencia “Como tratar a enfermidade do buxo”
-
Data
8 Maio, 2019
-
Hora
8:00 pm - 9:30 pm
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
O caruncho asiático é unha praga que afecta ao buxo e que está a xerar intranquilidade entre a veciñanza, por representar unha seria ameaza para a supervivencia das prantas. Este é o motivo polo que Concello de Cedeira, a través da Concellería de Medio Ambiente, organiza esta charla coa fin de abordar o problema contando coa voz autorizada dos expertos.
Será na biblioteca do auditorio, a partir das oito da tarde, e correrá a cargo do enxeñeiro técnico agrícola Francisco Pico que pronunciará a conferencia “Como tratar a enfermidade do buxo”, e que tamén responderá ás preguntas dos asistentes.