Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Concerto Fransy, Davide e Cibrán

Este evento terminou

Hoxe sábado 3 de xullo ás 20.00 h. na Praza Floreal(en caso de mal tempo Auditorio Municipal).
Davide Salvado (percusión e voz), Fransy González (percusión e voz) e Cibrán Seixo (violín e mug) son tres coñecidos músicos de ampla traxectoria no panorama musical galego e internacional.
Da unión destas tres carreiras artísticas individuais xorde esta nova proposta musical e escénica, partindo dun repertorio de música tradicional pura como os intérpretes aprendenderon nas aldeas. Fransy e Davide son dúas das principais voces do panorama musical galego, con actuacións tamén noutros países ao longo das últimas décadas. Cibrán achega ao conxunto a melodía do violín,
nunha unión de instrumentos totalmente compacta. Voz, pandeireta e pandeiro son os ingredientes principais desta idea conxunta, cunha nova sonoridade na que mostran cancións de sempre sen perder, cada un deles, o seu estilo persoal. A combinación de voces, a forza da percusión e a pegada do violín fan deste trío de músicos unha proposta de vangarda.
As localidades iranse ocupando por orde de chegada ata completar ocupación total do espazo. As cadeiras entre grupos de conviventes gardarán a distancia obrigatoria e ao acceder ao espazo tomarase nota do nome e teléfono das persoas asistentes.
En colaboración coa Deputación da Coruña.