Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Circo de rúa:Muu presenta Crunch!

Hoxe venres 14 de agosto ás 20.00 h. na Praza Floreal.

Crunch! Dous superheroes que están dispostos a todo para axudar, aínda que as cousas non saian sempre como queren. Os seus problemas son os teus problemas, coa crise, a conciliación laboral e familiar faise difícil incluso para eles. No fondo todas as persoas somos superheroes. Crunch! é un espectáculo de novo circo, de vellos amigos, de clown, de malabares diarios para chegar a fin de mes, de sal tos mortais, de golpes e caídas coas que aprendemos e saímos adiante, e sobre todo de risas, que é o máis necesario.