Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Circo aéreos: Duelirium presenta O que queda por chover

Hoxe sábado 22 de agosto ás 20.00 h. na Praza Floreal.

O espectáculo fala do paso do tempo de dúas mulleres. A infancia, a adolescencia, a madurez, son puntos polos que transcorre esta simpática e positiva historia. Espectáculo dinámico e visual. Trapecio, pirámide, corda, acrobalance, clown, como técnicas circenses. Intérpretes: Raquela Oitavén e Mertxe Solé.