Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Charla/coloquio con Guadi Galego

Este evento terminou

Hoxe 26 de decembro ás 19.00 h. teremos unha charla/coloquio con Guadi Galego no Auditorio Municipal de Cedeira. A artista local vén de presentar recentemente o seu novo traballo “Costuras”, un paso máis na súa andaina profesional, e nesta cita coñeceremos un pouco máis dela mesma, do seu proceso creativo, da producción dos seus traballos e da súa incursión máis profunda na electrónica a través das preguntas e comentarios de Elsa, Irene, Jero e Nadia, voluntarias e voluntario na Biblioteca Escolar Punta Candieira. Unha cita para levar o novo traballo de Guadi, asinado pola artista.

A entrada é con reserva a través do:
▪️ whatsapp 649 876 614
▪️ correo electrónico enrique.vazquez@cedeira.gal