Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

VIII Certame de Pintura Rápida Vila de Cedeira

Este evento terminou

O 28 de agosto.
O concurso dará comezo ás 10.30h da mañá e rematará ás 17.30h da tarde. As persoas interesadas deben apuntarse, a partir de 9.00 a 11.00horas.

Convocatoria aberta á participación de afeccionados e profesionais, que este ano repartirá un total de 1.800 euros en premios. Así, a devandita cantidade repartirase entre os 800 euros que recibirá o primeiro clasificado, os 600 cos que se premiará ao segundo e os 400 que a organización entregará ao terceiro.

Nesta ocasión farase unha edición especial Xeoparque tendo as pintoras e pintores que crear as súas obras na Serra da Capelada.
O fallo do xurado será, como en anos anteriores, na sala áncora ás 18.30 h. onde poderemos ver todas as creacións participantes.