Celebración do Día do Libro
-
Data
23 Abril, 2019
-
Hora
9:00 am - 8:00 pm
-
Biblioteca Municipal
Rúa Cristo 1 - CP 15357 - Cedeira.
Hoxe 23 de abril, Día do Libro, a Biblioteca Municipal do Concello de Cedeira participa, xunto con outras 28 bibliotecas da provincia, na campaña “Libros para sermos libres” que organiza a Deputación da Coruña. Esta actividade consiste no reparto gratuíto á veciñanza de libros en horario de 9.00 h a 14.30 horas, e de 17.00 h a 20.00 horas.