Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Cantos e contos ao solpor – “Con area. Cousasdebuxo”

Este evento terminou

O Auditorio Municipal acollerá o sábado 24 a última cita do ciclo Cantos e Contos ao Solpor, co que a vila de Cedeira adoita despedir cada ano o verán e entrar no outono. “Con area. Cousasdebuxo” é o título do inclasificable espectáculo que Marcos Escudero ofrece con area e luz, fusionando técnicas de sombras chinas, cómic, animación ou narración. A cita é as 20.00 horas.

O público familiar é o destinatario da función, na que Marcos Escudero vai contando historias e ilustrándoas a través dos debuxos que fai con area sobre o cristal dunha caixa de luz, mentres unha cámara recolle a sucesión de debuxos, que se proxectan nunha pantalla. A fusión de técnicas empregadas no espectáculo denomínase “sand painting” ou “sand drawing”.

Marcos Escudero, natural de Mos, é un artista polifacético adicado principalmente á escultura en pedra, pero que cultiva tamén moitas outras disciplinas entre as que están a ilustración e as tiras cómicas. Desde hai anos desenvolve tamén este orixinal espectáculo con area e luz, que atrapa ao público pola sorprendente forma en que os movementos do artista transforman os debuxos.