Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Campionato galego de triatlon

Este evento terminou

A vila de Cedeira acollerá por terceira ocasión o Campionato Galego de Triatlón, que será hoxe sábado e no que participan un total de 320 nenos e nenas con idades comprendidas entre os dez e dezasete anos.

A competición, que chega este ano a súa sexta edición local, dará lugar a probas de natación, bicicleta e carreira cuxos percorridos estarán en función da idade dos participantes. No caso da natación, a distancia será de 100 metros para os benxamíns e de 750 metros para os cadetes, mentres que na proba ciclista os máis novos pedalearán durante 2 quilómetros e os maiores un total de dez. As lonxitudes ás que se enfrontarán os participantes na proba da carreira oscilan entre os 500 metros e os 2,5 quilómetros.

A organización repartirá trofeos entre os tres primeiros clasificados, tanto a título individual como por equipos.