Andaina solidaria contra o cancro “Cedeira en marcha”
-
Data
21 Abril, 2019
-
Hora
11:00 am - 2:00 pm
A Asociación Española Contra o Cancro de Cedeira, coa colaboración do Concello, organiza esta andaina solidaria contra o cancro que sairá ás 11.00 horas da Praza Roxa. Desde as 9.30 horas estará aberta a oficina de inscrición e a tenda de merchandising, e darán inicio as actividades.
A inscrición ten un custo de 5 euros, e as persoas interesadas poden facelo:
- Na oficina municipal de turismo
- Online: IR Á LIGAZÓN Inscrición online andaina contra o cancro
- Na xoguetería Rosa (Arriba da Ponte, número 5)
- O mesmo día da andaina, desde as 9.30 horas na Praza Roxa