Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Acto de entrega do título de fillo adoptivo á viúva de Porto Dapena

Este evento terminou

O Concello de Cedeira organiza hoxe o acto de recoñecemento e admiración ao Fillo Adoptivo da vila Álvaro Porto Dapena coa entrega do título a súa viúva, María del Carmen Pita Freire.

Trátase dunha cita aberta ao conxunto da cidadanía, que dará comezo ás 12.00 horas e que terá lugar no salón de plenos do Concello.

O Concello xa ten confirmada a presenza no acto –que estará presidido polo alcalde, Pablo Moreda Gil, e máis pola corporación municipal– da viúva do homenaxeado e do vicedecano da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, Félix Córdoba Rodríguez, así como de moitas das amizades do ámbito académico e persoal que tiña o homenaxeado.