Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

A panadaría presenta “As que limpan”

Este evento terminou

4 de xuño ás 20.00 h no Auditorio Municipal.

Público adulto. Entrada 2,5 €.

Reserva de entradas:
Por whatsapp no número 649876614 a partir do martes 31 de maio até o venres 3 de xuño ás 14.00 h. e venda de entradas en taquilla o mesmo día desde unha hora antes do espectáculo.

Un cartel pendurado no manubrio da habitación. “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son As que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador. As que limpan, fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes.