• 29 September, 2018
  • 8:00 pm
  • Polígono industrial da Trabe

Un ano máis celebrase no polígono industrial da Trabe a xuntanza e ruta cabalar.

A partir das 9.00 h, xuntanza no poligono industrial de A Trabe.

Ás 10.00 h, saída da ruta en dirección ós montes da Capelada; a media ruta pinchos gratis para todos os participantes.

A continuación volta ao polígino onde se celebrará a comida (baixo carpa) para todas as persoas que o desexen (non é necesario asistir á ruta nin vir a cabalo para asistir á comida).

Desde as 16.00 h realizaranse as probas de andadura galega.

A medición e inscripción dos realizarase ata as 14.00 h, polo que deberán estar presentes no recinto antes desa hora. Nas carreras apareixadas soamente participarán os 4 primeiros clasificados das probas de andadura cronometrada. Para participar nas probas será obligado o uso de casco. Ó remate das probas realizarase a entrega de premios, todo isto amenizado pola actuacion musical a cargo do “Duo Deluxe”.

Todos os participantes deberán contar con seguro de responsabilidade civil propio.