• 14 octubre, 2017
  • 6:30 pm
  • Polideportivo municipal

A XIV Xuntanza de Palilleiras, Patchwork e Bordado organizada polas Amas de casa arrincará ás dez da mañá coa apertura das instalacións do polideportivo municipal, que permanecerán abertas ao público ata as 18.30 horas, agás entre as dúas e catro da tarde. Haberá sorteos, agasallos, e a posibilidade de coñecer en vivo a difícil arte de palillar, así coma de admirar o traballo de recuperación que fan asociacións como a de Amas de Casa de Cedeira a prol da cultura popular.