• 18 March, 2018
  • 12:30 pm
  • Municipal auditorium

O amparo dos paraugas, brincar nas pozas e charcos, o divertido da choiva… todo o que é causa dela e que tanto nos gusta: a herba, as árbores, flores, as hortas, alimentos, as paisaxes verdes, etc. Dúas personaxes que ensinan ao público con xogos, bailes e enredos que cantidade de cousas nos trae a choiva, antes e despois de que ela veña ou marche. En fin, referímonos á choiva positivamente e non a condenamos porque cando chove non podemos saír, xogar, ….!!

Espectáculo feito para a primeira infancia respectando os seus estímulos, tempos e xeitos de asimilación, duración e achegamento aos elementos empregados na representación.

Espectáculo para Bebés (0-3 anos)

Entrada: 2,5€