• 21 Abril, 2018
  • 7:00 p.m.
  • Auditorio Municipal

PREMIO DO PÚBLICO DE FESTICLOWN 2018.

Píscore son catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Catro músicos dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado.

Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual. Un espectáculo de vocación universal que fará rir e disfrutar a público de todas as idades apelando ao máis clásico do humor e do sketch musical.

Público familiar a partir de 5 anos – Público xuvenil

Entrada: 2,5€