• 12 Outubro, 2018
  • 12:00 p.m.
  • Praza Roxa

O Mago Antón trae o seu camión a praza Roxa co espectáculo “A volta a Galiza en 313 concellos”.

O magomóbil é un vehículo deseñado para a presentación de espectáculos de maxia para un máximo de 70 espectadores por función.

Faranse seis funcións en horario de mañá e tarde. 45 minutos de espectáculo concibido para todo tipo de público (de todas as idades e moi axeitado para grupos familiares) no que se suceden a un ritmo trepidante unha ducia de xogos de maxia, todos eles de creación propia do Mago Antón.

Os pases serán ás 12.00 h, 13.00 h, 17.00 h, 18.00 h, 19.00 h e 20.00 horas.