• 18 Novembro, 2018
  • 8:00 p.m.
  • Auditorio Municipal

No Auditorio Municipal desde as 20.00 horas, a obra de Teatro do Atlántico “Helena, xuízo a unha lurpia” de Miguel del Arco.

Sinopse: estamos no século XXI. Helena xa non é “a bela Helena”, senón unha muller con certos signos que nos falan do implacable paso do tempo; malia iso mantense posuidora dunha enerxia desbordante, habitando nunha especie de tobogán emocional transitado polos intensos episodios da súa travesía vital, na que se mesturan a dor da nena violada por Teseo coa dor da esposa obrigada por Menelao; a paixón da amante namorada do fermoso Paris, co desafío e o rancor para con Zeus, o seu divino pai; a ironía ao redor de moitos dos seus contemporáneos –Aquiles, Ulises–, coa impotencia diante da crueldade da guerra…. “Quen escrebe a historia?” Helena diríxese reiteradamente a nós con esa interrogante, rexeitando a maneira en que foi contada a súa vida. Agora quere que, antes de xulgala, escoitemos a súa versión dos feitos, sorprendéndonos con un relato apaixonado, intenso, cheo de tenrura, de humor, de berro e de dignidade.

Entrada: 2,5 € – Espectáculo para adultos.