• 20 Xaneiro, 2018
  • 7:00 p.m.
  • Auditorio Municipal

A Danza da Choiva gañou o Premio María Casares 2017 ao Mellor Espectáculo Infantil.

¿Que acontecería se de súpeto deixase de chover? ¿Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre? Esta é a pregunta que coloca a DANZA DA CHOIVA, un espectáculo de Teatro Xestual, con Danza, Manipulación de obxectos e Monicreques. Os seus efectos cómicos, plásticos e poéticos advirten, divirten e fascinan o público familiar e infantil a partir dos 3 anos.

Público familiar a partir de 5 anos (5-12)

Entrada: 2,5€

Na seguinte ligazón pode ver o trailer da obra: