• 19 noviembre, 2017
  • 6:00 pm
  • Auditorio Municipal

O domingo 19 de novembro continúa a programación de cine no auditorio, ás 18.00 h coa película “Migas de Pan”, dentro do ciclo Cinemas de Galicia.

Película inspirada no relato de Liliana Pereira, unha ex presa política da última ditadura de Uruguai (1973-1985). Liliana Pereira regresa ao seu país. Alí terá que enfrontarse a un pasado que lle supuxo persecución, presidio e a perda da custodia do seu fillo. Vítima xunto con outras mulleres, dunha agresión sistemática, Liliana ten que elixir entre o que lle pide o seu corazón e o que lle dita a súa conciencia (Drama / 105 minutos / 2016 / España, Uruguai / Maiores 16 anos)

Directora: Manane Rodríguez

Produtor: Cecilia Ibáñez, Xavier Bermúdez

Con Cecilia Roth, Justina Bustos, Quique Fenández