• 12 Outubro, 2018
  • 8:00 p.m.
  • Auditorio Municipal

O grupo Teatro da Vila, da asociación de veciños de Piñeiro, en colaboración co Concello, Deputación, Asoc. Amas de Casa de Cedeira e Asoc. Maiores de Cedeira organiza un ciclo de teatro afeccionado durante o mes de outubro.

Hoxe venres 12 de outubro, ás 20.00 horas teremos a segunda xornada. O turno é agora para os anfitrións “Teatro da Vila” que levarán ao escenario a obra “As cores do tempo” de creación propia, que hai un ano estrearon neste mesmo espazo do Auditorio Municipal.

Entrada libre.