• 22 September, 2018
  • 8:00 pm
  • Town Hall Square

No día de hoxe, dentro do programa “Cantos e contos ao solpor” a partires das 20.00 h na Praza do Concello, pódese desfrutar da actuación de Quico Cadaval coa súa obra “Os inocentes”.

Unha noite, nunha taberna chega un sinistro forasteiro que fai que se desvele un segredo gardado durante 36 anos. Manoel, o mais anodino dos clientes d’A Carrilana, fora o protagonista dunha historia conmovedora na guerra do 36. Ao rapaz da taberna médranlle as orellas, e sabe cousas que non debía saber aos seus anos. Ao longo das evocacións desta personaxe descubrimos unha estirpe esquecida nas guerras: Os Inocentes.