• 17 Febreiro, 2018
  • 5:00 p.m.
  • Praza da Marieta - Praia da Magdalena

Alá foi Dona Sardiña.

Hoxe ás 17.00 h. terá lugar o velorio na praza da Marieta, para a continuación acompañar a tan ilustre raspa polas rúas da nosa Vila ata a Praia da Magdalena onde terá lugar o seu enterro.

Invitamos a toda a veciñanza a acompañarnos nesta despedida do Entroido para deixar atrás os excesos a través deste deceso.

Prégase riguroso loito e sentidas choromicadas neste funerario acto.