• 5 Maio, 2018
  • 8:00 p.m.
  • Auditorio Municipal

Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas. As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.

Coprodución da Panadaría co Centro Dramático Galego, Concello da Coruña, Concello de Vimianzo e Concello de Rianxo.

Público adulto

Entrada: 2,5€