• 21 Outubro, 2018
  • 10:30 a.m.
  • Santo André de Teixido

Con saída e meta nun enclave único e excepcional, San Andrés de Teixido. Desde as 10.30 horas realizarase un percorrido pola costa máis agreste de Cedeira, apoiados polo cantil máis alto de Europa, Vixía de Herbeira. Unha viaxe de 25 quilómetros onde se poderán explorar zonas realmente espectaculares e correr polas montañas respirando o aire puro da Costa Ártabra, sendo capaces de gozar ao máximo unha proba que xa é un clásico no mundo do Trail.