O Departamento de urbanismo do Concello de Cedeira atópase no primeiro andar da Casa do Concello (Rúa Real nº 15), e está dirixido pola Concelleira delegada María Xosé Rodríguez.

Dende este departamento xestiónanse todos os asuntos relativos ao Plan de Urbanismo Municipal, e lévase a cabo a tramitación de solicitudes de licenzas de obras e de ocupación.