O Departamento de persoal e facenda do Concello de Cedeira atópase no semisoto da Casa do Concello (Rúa Real 15) e está dirixido polo concelleiro Manuel Pérez Riola.

Desde este departamento xestiónanse todos os asuntos relativos á xestión económico-financieira do Concello, entre os que teñen especial relevancia a área orzamentaria e a sección de intervención, encargada da fiscalización e control.

Este departamento tamén se encarga da área de persoal municipal e dos procedementos selectivos para a contratación de persoal.