O Departamento de deportes do Concello de Cedeira atópase na avenida de España e está dirixido polo concelleiro delegado Nicolás Vergara Quintiana.

Desde este departamento xestiónanse as instalacións deportivas municipais, as actividades deportivas nas que o Concello participa como organizador ou colaborador e a cooperación coas asociacións deportivas cedeiresas.