Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

ENCONTRO ENTRE OS REIS MAGOS E AS NENAS E NENOS DE CEDEIRA

Os Reis Magos teñen organizado a súa cita cos nenos e nenas de Cedeira para mañá, día 5, a partir das 16.00 horas, no Auditorio Municipal. Coa axuda do Concello, os esperados Melchor, Gaspar e Baltasar, puxeron en marcha nos últimos días un sistema para axendar, a través da aplicación WhatsApp, o seu encontro cos pequenos garantindo o distanciamento, o aforo e demáis medidas de seguridade contra o covid.

Así, os veciños puideron reservar hora para a visita aos Reis Magos. O Concello asignou aos máis pequenos as primeiras horas da tarde, facilitaron que os irmáns acudan xuntos e adxudicaron unha localidade nas bancadas para cada familia para que agarden a súa quenda.