Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Educación convoca a praza de axudante de cociña e o colexio cedeirense suspende a protesta

EDUCACIÓN CONVOCA A PRAZA DE AXUDANTE DE COCIÑA E O COLEXIO CEDEIRENSE SUSPENDE A PROTESTA

A comunidade educativa leva dous anos reclamando a cobertura do posto, que permitirá mellorar o servizo de comedor.

Os alumnos e o resto de usuarios do comedor do Ceip Nicolás do Río despedirán hoxe a semana cun dos menús habituais. A Consellería de Educación informou onte o centro da convocatoria da praza de axudante de cociña, que levan dous anos reclamando, tanto desde a dirección do colexio, como da Asociación de Nais e Pais de Alumnos e mesmo do Concello. E pouco despois decidiuse suspender a protesta que prevían iniciar hoxe, substituíndo os pratos quentes por bocadillos.O Anpa Picapeixe, a dirección e o equipo docente do Ceip Nicolás do Río, os responsables municipais e, en especial, as cociñeiras, recibiron con satisfacción e alivio a noticia. Ao comedor do colexio cedeirense acoden a diario 167 persoas (alumnos e colaboradores externos) e dos fogóns ocúpanse unha oficial e unha axudante. A sobrecarga de traballo é un dos argumentos esgrimidos nestes dous últimos anos para reclamar a cobertura da segunda praza de axudante que lle corresponde ao centro, segundo a normativa en vigor.

Fonte: La Voz de Galicia

Pode consultar a nova na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Educación convoca a praza de axudante de cociña e o colexio cedeirense suspende a protesta