Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

CURSOS DA CONCELLERÍA DE CULTURA 2021

Todas as persoas inscritas nos cursos trimestrais de Inmersión en inglés, Pintura, Tapices e Xadrez, así como nos obradoiros de Iniciación á Fotografía e Creatividade para o Futuro están admitidas. As clases darán comezo o vindeiro luns 11 de outubro.

A matrícula deberá realizarse na Oficina de Turismo, no Palacete, a partir do mércores 6 de outubro. As taxas poderán pagarse de dous xeitos:

  1. con tarxeta, no propio Palacete
  2. en metálico, no banco.

Para saber os prezos e se existe a opción de obter algún tipo de bonificación convén consultar o texto regulador do prezo público, dispoñible na seguinte ligazón: https://cedeira.gal/wp-content/uploads/2021/10/PREZO-PUB-ACT-SOCIOCULT-MODIF-COMPLETO.doc . Ademais, para poder acollerse ás bonificacións será necesario achegar a documentación requirida no texto referido.

Horarios e localizacións dos cursos

Inmersión en inglés: pendente da organización dos grupos.

Pintura: no 3º andar do edificio da sindical en Cedeira e nos locais das asociacións nas parroquias.

  • Os luns de 10:00 a 13:00 en Cedeira
  • Os martes de 10:00 a 13:00 en Cedeira
  • Os mércores de 16:00 a 18:00 en Cervo e de 18:30 a 21:00 en Cedeira
  • Os xoves de 10:30 a 12:30 en Esteiro e de 18:30 a 21:00 en Cedeira
  • Os venres de 10:30 a 12:30 en San Román e de 18:00 a 20:30 en Cedeira

Tapices: os luns de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 no Palacete.

Xadrez: os mércores de 19:00 a 20:00 (espazo por concretar).

As datas dos obradoiros serán acordadas coas persoas participantes.

As persoas que imparten os cursos e os obradoiros poderán poñerse en contacto co alumnado preinscrito para organizar horarios.