Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Culturactiva representará este sábado no auditorio municipal a obra “O Valo”, da que é autor o Cedeirense Carlos Labraña

CULTURACTIVA REPRESENTARÁ ESTE SÁBADO NO AUDITORIO MUNICIPAL A OBRA “O VALO”, DA QUE É AUTOR O CEDEIRENSE CARLOS LABRAÑA

Baixo a dirección de Iván Prado representarase o próximo sábado en Cedeira a obra “O Valo”, da que é autor o dramaturgo cedeirense Carlos Labraña, gañador do IX Premio Manuel María.

Trátase dun espectáculo que “fala do encontro de dous mundos, dúas realidades, dúas consciencias encarnadas en dous personaxes ben distintos: O Soldadiño de Chumbo e Sahara, a rosa do deserto. Un encontro a ambos os dous lados dunha fronteira que non só separa a civilización do baleiro, senón que abre unha ferida no corazón da humanidade”.

O auditorio municipal acollerá unha representación que correrá a cargo dos actores Fran Rei e Saleta Fernández. O vestiario é obra de Kukas e Chus Aldrey e a música, tamén orixinal, de Jerry Noia. É unha produción de Pallasos en Rebeldía e Culturactiva SCG.

A función, prevista para as sete da tarde, vai dirixida a un público familiar. O prezo da entrada é de 2,5 euros.