O Concello de Cedeira ofrece un servizo público de alugueiro de bicicletas.

Os puntos de recollida e entrega son os seguintes:

  • Oficina de Turismo
  • Praza da Marieta
  • Polideportivo Municipal

Poderán ser usuarias deste servizo as persoas maiores de idade e as maiores de 16 anos que presenten a autorización dun adulto responsable.

O tempo máximo de utilización das bicicletas será de 4 horas por xornada.

Os prezos de uso do servizo son os seguintes:

  • Alta no servizo (inclúe a entrega da tarxeta de usuario): 2,00 €
  • Cota por semana: 15,00 €
  • Cota por mes: 25,00€
  • Cota por ano: 40,00 €

Os trámites para xestionar o alta no servizo de alugueiro de bicicletas deben realizarse no Polideportivo Municipal.

Para solicitar máis información, pode poñerse en contacto coa oficina de turismo ou consultar a ordenanza que regula este servizo, dispoñible na seguinte ligazón:


VER PDF Ordenanza do sistema municipal de préstamo de bicicletas


DESCARGA WORD Ordenanza do sistema municipal de préstamo de bicicletas