Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Cuarto número do boletín “AS7PARROQUIAS” chega aos fogares Cedeireses

CUARTO NÚMERO DO BOLETÍN “AS7PARROQUIAS” CHEGA AOS FOGARES CEDEIRESES

Co outono volve aos fogares de Cedeira un novo número do boletín informativo “As7parroquias”. A publicación serve, con todo, para botar a última ollada a tempada estival, para recordar o paso da Volta Ciclista a España polo territorio cedeirés e a celebración da segunda edición do certame de pintura rápida.

Pero nas páxinas de “As7parroquias” tamén se fala do futuro. Este virá coa posta en funcionamento duns vinte pasos de peóns iluminados -cos que a vila se equipara neste terreo a cidades tan importantes como Barcelona-, a firma do convenio para mellorar as prestacións que o Concello xa ven ofrecendo ás mulleres vítimas da violencia de xénero e a execución de obras na praia da Madalena e o compromiso coa Demarcación de Costas para a realización do estudio de impacto ambiental reclamado pola Plataforma en Defensa da ría de Cedeira.

O campionato de España de iolas que o equipo de veteranos trouxo para a vila tamén está recollido nunha publicación que naceu coa vontade de ser un instrumento de comunicación cara a toda a veciñanza.

Seccións xa consolidadas como é a que sirve para dar a coñecer a programación cultural e a adicada ao medio ambiente, neste caso sobre a recollida de aceite doméstico usado, nunca poden faltar no primeiro número de outono dun boletín que pecha as súas oito páxinas cunha reportaxe sobre a asociación Sobre Rodas.

VER EN PDF O BOLETÍN