Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Costas accede a tramitar a redacción do estudo ambiental

COSTAS ACCEDE A TRAMITAR A REDACCIÓN DO ESTUDO AMBIENTAL E A PLATAFORMA NA DEFENSA DA RÍA AUTORIZA AS INTERVENCIÓNS NA DUNA

Un escrito remitido onte por Demarcación de Costas ao Concello de Cedeira deixa vía libre ao conxunto de actuacións previstas polo organismo estatal para “mellorar e conservar” a praia da Madalena, incluídas as intervencións que afectan ao espazo dunar.

Nel a Demarcación de Costas en Galicia comprométese a trasladar á Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y el Mar a proposta para a redacción do proyecto e do estudo de impacto ambiental da actuación. A petición está condicionada á disponibilidade presupostaria.

Costas garante así a realización das obras necesarias, ademais de ter en conta as peticións formuladas dende a Plataforma en Defensa da Ría para a realización do proxecto. Este, polo tanto, muda con respecto ao inicial xa que “suaviza”, tal e como aclarou o concelleiro de Medio Ambiente e presidente da plataforma, Camilo Casal, a estabilización do perfil da duna deixándoo en 20 graos -no proxecto orixinal viña sendo case vertical- e sitúa a cima de coroación en +10.

A estas actuacións sumaranse a reparación da tarima de madeira do paseo marítimo -no tramo do colexio- e as que xa están en proceso de execución. Estas últimas son a eliminación das especies invasoras e a limpeza dos regatos da Revolta e San Isidro.