Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

CONVOCATORIA PARA OS CELGA 1,2,3 E 4

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de publicar unha convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.

As probas realizaranse nos meses de maio e xuño de 2022 en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria que figura no DOG do venres 18 de marzo

Na seguinte ligazón pode acceder a toda a información necesaria sobre a convocatoria:

IR Á LIGAZON Información sobrea convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.