CONVOCATORIA E BASES PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR NOMEAMENTOS INTERINOS PARA O POSTO DE ARQUITECTO/A

O obxecto da convocatoria é a formación dunha bolsa de traballo para realizar nomeamentos interinos no posto de
arquitecto/a encadrado na escala de Administración Especial, subescala Técnica, grupo “A1” do Concello de Cedeira, co fin de facer fronte ás situacións expostas no artigo 23.2 da Lei 2/2015, de 29 de decembro, de emprego público de Galicia.

A presentación de solicitudes poderá facerse no Rexistro Xeral do Concello de Cedeira, na Sede Electrónica (https://
sede.cedeira.es) ou na forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento Administrativo común das Administracións Públicas. Se presentara a instancia por correo postal, deberá aparecer o selo da oficina de correos na devandita solicitude e se comunicará ao Concello a presentación da solicitude, por correo electrónico á direccióncorreo@cedeira.es, ou por fax ao número 981482506. Noutro caso só a data de inscrición da instancia no Rexistro do Concello será a que se teña en conta para todos os efectos.

O prazo de presentación de solicitudes será de OITO DÍAS NATURAIS, contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP

DESCARGA Convocatoria e Bases para a formación dunha bolsa de traballo para realizar nomeamentos interinos para o posto de arquitecto/a