Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

CONCURSOS CULTURAIS E DEPORTIVOS

Pódese descargar as bases do concurso na seguinte ligazón:

Descarga PDF Bases concurso entroido 2024

O Concello de Cedeira organiza o desfile de Entroido 2023 o sábado 18 de febreiro.
Para fomentar a participación convócase un ano mais o tradicional concurso de disfraces de acordo coas seguintes bases:

PRIMEIRA. Para participar e optar aos premios é imprescindible cubrir a solicitude de inscrición e presentala no Rexistro do Concello (horario de 9:00 h. a 14:00 h.), ata o día 16 de febreiro de 2023 (hora límite – 14:00 h.). A persoa que actúe como representante será a que asine a solicitude de participación e deberá acompañar a fotocopia do seu DNI/NIE/Pasaporte. O/a representante asumirá todas as responsabilidades do beneficiario/a do premio, incluídas as obrigas fiscais. De depender a comparsa ou grupo dunha persoa xurídica a inscrición realizarase a través da sede electrónica do concello cubrindo unha instancia xeral e especificando nela a categoría na que se
concursa, así como achegarase un documento polo que se autoriza á representación á persoa que presenta a instancia.
SEGUNDA. Modalidades:
– Comparsa: Considéranse comparsas un conxunto de persoas formado por un mínimo de 9 compoñentes representando un mesmo motivo.
– Grupos: Considéranse grupos un conxunto de persoas de entre 3 e 8 (ambos incluídos) compoñentes representando un mesmo motivo.
– Parellas/Individuais
As comparsas e grupos poderán optativamente presentarse apoiados dun móbil (carro, plataforma…). A altura máxima para poder acceder ao recinto será de 2,7 m.
A mesma persoa non poderá participar en máis dunha categoría.

TERCEIRA. Establécense os seguintes premios:
Comparsas Grupos Parellas
1º: 600 € 1º: 300 € 1º: 50 €
2º: 400 € 2º: 250 € 2º: 40 €
3º: 300 € 3º: 200 € 3º: 30 €

CUARTA. A clasificación das distintas modalidades será determinada polo xurado do concurso. O xurado será designado polo Concello de Cedeira e quedará constituído por representantes municipais, de entidades culturais e sociais ou outras persoas de recoñecida capacidade .

QUINTA. Durante o desenvolvemento do desfile, o xurado valorará:
Categoría Comparsas e Grupos
– Vestiario e maquillaxe 0 a 4 puntos
– Traballo feito a man e emprego de materiais de refugallo 0 a 4 puntos
– Orixinalidade 0 a 3 puntos
– Móbil acompañando á comparsa 0 a 4 puntos
– Coreografía e música 0 a 3 puntos
– Simpatía 0 a 5 puntos

Categoría parellas e individual:
– Orixinalidade do vestiario 0 a 4 puntos

– Maquillaxe 0 a 3 puntos
– Simpatía (involucrar ao público) 0 a 5 puntos

SÉXTA. Os grupos e persoas participantes deberán presentarse na Praza Roxa ás 17:00h. do día 18 de febreiro e levar a cabo o percorrido marcado pola organización con remate no polideportivo. No suposto de non poder facerse o desfile por cuestións meteorolóxicas, os/as participantes irán directamente ao Polideportivo onde se fará un desfile polo interior do mesmo. Os grupos que queiran poderán facer algunha actuación ou baile á chegada ao polideportivo. Esta actividade, deberán comunicala no momento da inscrición, tendo en conta que deberán entregar a música en formato mp3, nunha memoria externa, como máximo o día 16 de febreiro no concello. Aqueles grupos que non comuniquen esta actuación, ou que tendo comunicada a mesma non entregaran a música en prazo, non poderán utilizar o equipamento acústico habilitado para o evento.

OITAVA. A orde de saída no desfile será designado pola organización, atendendo a cuestións como levar música soando na carroza ou ter previsto facer parada de baile…

NOVENA. A entrega dos diplomas acreditativos de premios terá lugar, unha vez remate o desfile e actuacións dos distintos participantes, no polideportivo logo da avaliación polo Xurado. A información sobre a concesión de premios será publicada na páxina web do concello.

DÉCIMA. Os/as premiados/as deberán solicitar o pago do mesmo mediante transferencia bancaria, a partir do luns 27 de febreiro, no rexistro do Concello de Cedeira, polo seguinte procedemento:
– Solicitude de cobro do premio no rexistro do concello, cunha solicitude xeral e aportando un certificado dun número de conta onde figure como titular a persoa que inscribiu a comparsa, grupo, parella ou concursante individual.

UNDÉCIMA. Os presentes premios levarán consigo a retención en concepto de IRPF, que resulte da aplicación segundo as normas contidas na normativa reguladora do imposto.

DUODÉCIMA. A decisión do xurado será inapelable O xurado do concurso terá a competencia de resolver
calquera circunstancia non prevista nas presentes bases.

DÉCIMO TERCEIRA. A participación no Concurso de Disfraces supón a total e plena aceptación destas bases.

DÉCIMO CUARTA. Estas bases sairán publicadas ao día seguinte da súa aprobación. Estarán dispoñibles para o seu acceso dixital na web do concello e de forma física no taboleiro de anuncios das oficinas xerais e na Oficina de Turismo municipal. Así mesmo dárase publicidade da súa publicación a través do servizo municipal de información de whatsapp “Cedeira informa”, do perfil de Facebook do concello e na cartelería das festas de entroido.

Descarga na seguinte ligazón as bases:

Descarga PDF BASES DO CONCURSO DE DISFRACES

Os Xogos Terán lugar o día 13 de agosto no Paseo da Mariña a partir das 16:00 horas.
Poderán participar tódolos maiores de 14 anos que se atopen inscritos correctamente.

A inscrición realizarase de balde, dende una hora antes do comezo dos xogos, será necesario mostrar o DNI ou documento que o substitúa de cada participante. No caso dos menores de idade, terao que presentar o seu titor legal, cumprimentando o modelo de autorización paterna (ANEXO II).

Pódese descargar as bases na seguinte ligazón:

Descarga PDF Bases dos xogos populares 2023

Os Xogos Terán lugar o día 14 de agosto no Paseo da Mariña a partir das 17:30 horas.
Poderán participar tódolos maiores de 14 anos que se atopen inscritos correctamente.

A inscrición realizarase de balde, dende una hora antes do comezo dos xogos, será necesario mostrar o DNI ou documento que o substitúa de cada participante. No caso dos menores de idade, terao que presentar o seu titor legal, cumprimentando o modelo de autorización paterna (ANEXO II).

Pódese descargar as bases na seguinte ligazón:

Descarga PDF Bases dos xogos populares 2022

1ª. – Poderán participar neste certame tódalas formacións que o desexen e que teñan a Cedeira como base de desenvolvemento da súa actividade, e que acaden un mínimo de 3 puntos de valoración.

2ª.- O certame terá lugar en catro datas distintas, 5 e 6 de agosto, dentro do marco do Festival Discalz@s 2022, e o 13 e 14 de agosto na programación das Festas de Cedeira 2022. Os grupos seleccionados realizarán unha soa actuación nunha das datas propostas.

3ª. – A inscrición realizarase de xeito presencial ou a través de sede electrónica no prazo de 6 días naturais a contar desde o día seguinte á publicación destas bases no taboleiro electrónico único. Cada formación participante incluirá na solicitude unha declaración responsable cos seguintes datos: o nome da mesma, estilo de música, nome completo e DNI de todas e todos os participantes, se están empadroados en Cedeira ou non (con antigüidade maior a 6 meses), rider completo do grupo, ubicación do espazo onde realizan ensaios, memoria de actividade dos últimos dous anos, e de ser posible mostra ou enlace a algunha gravación.

4ª. – As formacións non poderán contar con máis de 10 compoñentes.

5ª. – O certame será de concorrencia competitiva até un máximo orzamentario de 5.000 €

6ª. – As formacións accederán a un premio pola súa inclusión no certame consistente en 100 € para cada unha das persoas participantes da mesma por día de actuación. O premio entregarase de xeito individual, unha vez rematado o certame, presentando a solicitude correspondente no rexistro de xeito presencial ou a través da sede electrónica no que se incluirá o nome da persoa participante e o seu DNI (que deberá corresponderse co nome e DNI achegado na solicitude de participación), formación a que pertence, data do concerto e número de conta no que se realizará o ingreso do premio. Os participantes que formen parte de máis dunha formación, no suposto de coincidir as actuacións das formacións nun so día, accederán só a un premio.

7ª – A valoración das formacións realizarase do seguinte xeito: – Participantes empadroados en Cedeira no grupo, con antigüidade superior a 6 meses – 1 punto 50 % de participantes na formación empadroados en Cedeira 3 puntos 100% de participantes na formación empadroados en Cedeira) – Actuacións realizadas nos últimos dous anos en Cedeira – 1 punto por actuación – Localización do local de ensaio en Cedeira –2 puntos A comisión de valoración estará composta por persoal das concellerías de facenda, turismo e cultura.

8ª. – O concello poñerá a disposición dos grupos o equipo de sonido exterior, monitoraxe e iluminación suficiente para a realización do concerto, adaptado aos riders de cada grupo e escenario de 14×10 m.

9ª. – O equipo de escenario (instrumentos e amplificadores específicos de cada instrumento) será aportado polos grupos, acordándose entre os participantes en cada xornada.

10ª.- As persoas participantes autorizan ao concello a verificar a autenticidade dos datos aportados.

11ª. – A participación neste certame implica a aceptación total das presentes bases.

Pódese descargar as bases na seguinte ligazón:

Descarga PDF Bases do I certame de grupos locais de Cedeira

Descarga PDF Acta coas puntuacións do I certame de grupos locais de Cedeira

O Concello de Cedeira organiza o desfile de Entroido 2020 o sábado 22 de febreiro de 2020. Para fomentar a participación convócase un ano mais o tradicional concurso de disfraces de acordo coas seguintes bases:

PRIMEIRA. Para participar e optar aos premios é imprescindible cubrir a solicitude de inscrición e presentala no Rexistro do Concello (horario de 9:00 h. a 14:00 h.), ata o día 20 de febreiro de 2020 (hora límite – 14:00 h.). A persoa que actúe como representante será a que asine a solicitude de participación e deberá acompañar a fotocopia do seu DNI/NIE/Pasaporte. O/a representante asumirá todas as responsabilidades do beneficiario/a do premio, incluídas as obrigas fiscais. De depender a comparsa ou grupo dunha persoa xurídica a inscrición realizarase a través da sede electrónica do concello cubrindo unha instancia xeral e especificando nela a categoría na que se concursa, así como achegarase un documento polo que se autoriza á representación á persoa que presenta a instancia.

SEGUNDA. Modalidades:

Comparsa: Considéranse comparsas un conxunto de persoas formado por un mínimo de 9 compoñentes representando un mesmo motivo.

Grupos: Considéranse grupos un conxunto de persoas de entre 3 e 8 (ambos incluídos) compoñentes representando un mesmo motivo.

Parellas

Individuais

As comparsas e grupos poderán optativamente presentarse apoiados dun móbil (carro, plataforma…). A altura máxima será 2,5 m e a anchura de 2,6 m.

A mesma persoa non poderá participar en máis dunha categoría.

TERCEIRA. Establécense os seguintes premios:

Comparsas Grupos Parellas Individuais
1º: 600 €

2º: 400 €

3º: 300 €

1º: 300 €

2º: 250 €

3º: 200 €

1º: 40 €

2º: 30 €

3º: 20 €

1º: 30 €

2º: 20 €

3º: 15 €

CUARTA. A clasificación das distintas modalidades será determinada polo xurado do concurso. O xurado será designado polo Concello de Cedeira e quedará constituido por representantes municipais, de entidades culturais e sociais ou outras persoas de recoñecida capacidade .

QUINTA. Durante o desenvolvemento do desfile, o xurado valorará:

Categoría Comparsas e Grupos

– Vestiario e maquillaxe 0 a 4 puntos

– Traballo feito a man e emprego de materiais de refugallo 0 a 4 puntos

– Orixinalidade 0 a 3 puntos

– Móbil acompañando á comparsa 0 a 4 puntos

– Coreografía e música 0 a 3 puntos

– Simpatía 0 a 5 puntos

Categoría parellas e individual:

– Orixinalidade do vestiario 0 a 4 puntos

– Traballo feito a man e emprego de materiais de refugallo 0 a 4 puntos

– Maquillaxe 0 a 3 puntos

– Simpatía (involucrar ao público) 0 a 5 puntos

SÉXTA. Os grupos e persoas participantes deberán presentarse na Praza Roxa ás 17:00h. do día 22 de febreiro e levar a cabo o percorrido marcado pola organización con remate no polideportivo. No suposto de non poder facerse o desfile por cuestións meteorolóxicas, os/as participantes irán directamente ao Polideportivo onde se fará un desfile polo interior do mesmo. Os grupos que queiran poderán facer algunha actuación ou baile á chegada ao polideportivo. Esta actividade, deberán comunicala no momento da inscrición, tendo en conta que deberán entregar a música en formato mp3, nunha memoria externa, como máximo o día 20 de febreiro no concello. Aqueles grupos que non comuniquen esta actuación, ou que tendo comunicada a mesma non entregaran a música en prazo, non poderán utilizar o equipamento acústico habilitado para o evento.

OITAVA. A orde de saída no desfile será designado pola organización, atendendo a cuestións como levar música soando na carroza ou ter previsto facer parada de baile…

NOVENA. A entrega dos diplomas acreditativos de premios terá lugar, unha vez remate o desfile e actuacións dos distintos participantes, no polideportivo logo da avaliación polo Xurado. A información sobre a concesión de premios será publicada na páxina web do concello.

DÉCIMA. Os/as premiados/as deberán solicitar o pago do mesmo mediante transferencia bancaria, a partir do luns 2 de marzo, no rexistro do Concello de Cedeira, polo seguinte procedemento:

  • Solicitude de cobro do premio no rexistro do concello, cunha solicitude xeral e aportando un certificado dun número de conta onde figure como titular a persoa que inscribiu a comparsa, grupo, parella ou concursante individual.

No caso de que a solicitude de pagamento non se presente nun prazo máximo de 6 meses a contar dende o día seguinte ao luns 2 de marzo, considerarase desistido do seu dereito ao mesmo.

UNDÉCIMA. Os presentes premios levarán consigo a retención en concepto de IRPF, que resulte da aplicación segundo as normas contidas na normativa reguladora do imposto.

DUODÉCIMA. A decisión do xurado será inapelable O xurado do concurso terá a competencia de resolver calquera circunstancia non prevista nas presentes bases.

DÉCIMO TERCEIRA. A participación no Concurso de Disfraces supón a total e plena aceptación destas bases.

DÉCIMO CUARTA. As presentes bases publicaránse no Boletín Oficial da Provincia, estando tamén dispoñibles para o seu acceso dixital na web do concello e de forma física no taboleiro de anuncios das oficinas xerais e na Oficina de Turismo municipal. Así mesmo dárase publicidade da súa publicación a través do servizo municipal de información de whatsapp “Cedeira informa”, do perfil de Facebook do concello e na cartelería das festas de entroido.

PRIMEIRA. Para participar e optar aos premios é imprescindible formar parte da Liga B de traiñeiras. Os/as participantes asumirán todas as responsabilidades do beneficiario/a do premio, incluídas as obrigas fiscais.

SEGUNDA. Os clubes da Liga B de traiñeiras son 10: Club de Remo A Cabana-Ferrol, Club de Mar Castropol, Club de Remo Cedeira, C. C. D. Cesantes Remo, Club Remo Chapela, Club de Remo Coruxo, Asociación Deportiva Esteirana Remo, Club do Mar Mugardos, Club Regatas Perillo e Club de Remo Vila de Cangas.

Posto Acadado Importe a percibir
810,00 €
720,00 €
660,00 €
630,00 €
600,00 €
570,00 €
540,00 €
510,00 €
480,00 €
10º 480,00 €

CUARTA. Realizaranse tres regatas e participarán 3 clubes nas dous primeiras regatas e 4 clubes na última regata, os xuíces medirán os tempos feitos por cada unha das traiñeiras participantes e clasificáranas por postos do 1º ao 10º. Conforme á clasificación obtida percibirán o importe do premio indicado na cláusula anterior.

QUINTA. A entrega de premios terá lugar, unha vez remate a regata. A información sobre a concesión de premios será publicada na páxina web do Concello.

SEXTA. Os/as premiados/as deberán solicitar o pago do mesmo, que se fará por transferencia bancaria, aportando certificado de conta bancaria a nome da persoa xurídica ou persoa física que actúa como representante do club na Liga B de traiñeiras, a partir do luns 26 de agosto , no rexistro do Concello de Cedeira ou por sede electrónica.

SÉTIMA. Os presentes premios levarán consigo a retención en concepto de IRPF, que resulte da aplicación segundo as normas contidas na normativa reguladora do imposto.

OITAVA. A decisión dos xuíces será inapelable. Os xuíces da regata terán a competencia de resolver calquera circunstancia non prevista nas presentes bases. Entregarán copia da acta cos tempos das regatas ao Concello.

NOVENA. A participación na regata de traiñeiras supón a total e plena aceptación destas bases.

DESCARGAR WORD Bases da 4ª bandeira Concello de Cedeira de Traiñeiras

PRIMEIRA. Os Xogos terán lugar o día 11 de agosto no Paseo da Mariña a partir das 17:00 horas. Poderán participar tódolos maiores de 14 anos que se atopen inscritos correctamente.

SEGUNDA. A inscrición realizarase de balde, dende una hora antes do comezo dos xogos, será necesario mostrar o DNI ou documento que o substitúa de cada participante. No caso dos menores de idade, terao que presentar o seu tutor legal, cumplimentando o modelo de autorización paterna (ANEXO II).

TERCEIRA. A relación de xogos a celebrar e a seguinte:

Denominación do xogo Composición dos equipos
COLLE A BANDEIRA MIXTOS DE 3 PARTICIPANTES
TIRADA DE CORDA MIXTOS DE 5 PARTICIPANTES
CARREIRA DE OVO E CULLER MIXTOS DE 3 PARTICIPANTES
CARREIRA DE SACOS MIXTOS DE 3 PARTICIPANTES
REGATA EN CHALANA 2 PARTICIPANTES
CARREIRA COMBINADA CARRETILLA/CABALO MIXTOS DE 3 PARTICIPANTES

CUARTA. Os xogos rexeranse polas súas regras tradicionais de común coñecemento. O xurado as explicará aos participantes antes de que comece o xogo. En caso de discrepancia na aplicación das mencionadas regras prevalecerá o criterio do xurado. A decisión dos xuíces será inapelable.

QUINTA. A composición do xurado é a que segue:

Presidenta: Carmela Prieto Cal

Secretario: Enrique Vázquez Martínez

Vogais: Jesús Romero Carracelas, María Hermida Díaz, Antonio Sedes Bellón.

SEXTA. O xurado estenderá unha acta na que se recollerán os equipos gañadores, e o representante que os mesmos determinen ao efecto do cobro do premio. A acta elevarase a Alcaldía que adoptará a resolución dispoñendo o pago dos premios correspondentes.

SÉTIMA. A contía do premio para cada un dos xogos será a seguinte: COLLE A BANDEIRA 150,00 euros, TIRADA DE CORDA 250,00 euros, CARREIRA DE OVO E CULLER 150,00 euros, CARREIRA DE SACOS 150,00 euros, REGATA EN CHALANA 100,00 euros e CARREIRA COMBINADA CARRETILLA/CABALO 150,00 euros, o que fai un importe total de 950,00 euros que se aboarán con cargo á Partida 341.480.00 do Orzamento municipal para o ano 2019.

OITAVA. As/os premiadas/os deberán solicitar o pago do mesmo, que se fará por transferencia bancaria, aportando certificado de IBAN e copia do DNI da persoa que actúa como representante do equipo, a partir do luns 19 de agosto, no rexistro xeral ou na sede electrónica do Concello de Cedeira. No caso de que as/os premiadas/os sexan menores de idade, será o pai, nai ou titor legal do representante do equipo que deberá aportar o certificado de IBAN e copia do DNI.

De xeito excepcional, poderase emitir cheque nominativo a nome da persoa que actúe como representante do equipo gañador.

NOVENA. Os premios están suxeitos a retención por IRPF, segundo a normativa vixente.

DÉCIMA. A participación nos xogos populares supón a total e plena aceptación destas bases.

DESCARGAR WORD Bases xogos populares 2019

Data de celebración: 27 de agosto de 2023.

O estilo e a técnica serán libres, a súa temática xirará en torno á paisaxe, e o espazo físico no que se realicen debe ser no entorno que abrangue o paseo marítimo, a praia da Madalena, o paseo da Mariña, zona do río Condomiñas, praia da Area Longa, casco vello e Porto de Cedeira. A execución será directa, diante do motivo ou do modelo natural, non poidendo utilizarse para tal fin fotografías tomadas con antelación.
Os/as pintores/as deberán mandar vía whatsapp ao número 649876614 a localización do lugar onde vaian realizar a súa obra.

Os premios, que estarán suxeitos á retención fiscal establecida, serán:

1º. – 800€ e diploma.

2º. – 600€ e diploma.

3º. – 400€ e diploma.

Pódese descargar as bases na seguinte ligazón:

Descarga PDF Bases do certame de pintura rápida Vila de Cedeira 2023

Data de celebración: 28 de agosto de 2022.

O estilo e a técnica serán libres, a súa temática xirará en torno a idea de Xeoparque, e o espazo físico no que se realizarán estará delimitado á Serra da Capelada na parte que corresponde ao concello de Cedeira. A organización facilitará un plano ás persoas participantes coa area xeográfica na que poderán ubicarse. Os/as pintores/as deberán mandar vía whatsapp a un dos seguintes números – 649876614 e 650078939- a localización do lugar onde vaian realizar a súa obra. A execución será directa, diante do motivo ou do modelo natural, non poidendo utilizarse para tal fin fotografías tomadas con antelación.

1º. – 800€ e diploma.

2º. – 600€ e diploma.

3º. – 400€ e diploma.

Pódese descargar as bases na seguinte ligazón:

Descarga PDF Bases do certame de pintura rápida Vila de Cedeira

Data de celebración: 29 de agosto de 2021.

O estilo e a técnica serán libres, a súa temática xirará en torno á paisaxe, e o espazo físico no que se realicen debe ser no entorno que abrangue o paseo marítimo, a praia da Madalena, o paseo da Mariña, zona do río Condomiñas, praia da Area Longa, casco vello e Porto de Cedeira. A execución será directa, diante do motivo ou do modelo natural, non poidendo utilizarse para tal fin fotografías tomadas con antelación.

1º. – 800€ e diploma.

2º. – 600€ e diploma.

3º. – 400€ e diploma.

DESCARGAR PDF Bases do VI Certame de pintura rápida Vila de Cedeira 2021

Data de celebración: 30 de agosto de 2020.

O estilo e a técnica serán libres, a súa temática xirará en torno á paisaxe, e o espazo físico no que se realicen debe ser no entorno que abrangue o Paseo Marítimo, a Praia da Magdalena, o Paseo da Mariña, zona do río Condomiñas, Rúa da Area Longa e o Porto de Cedeira. A execución será directa, diante do motivo ou do modelo natural.

1º. – 800€ e diploma.

2º. – 600€ e diploma.

3º. – 400€ e diploma.

DESCARGAR PDF Bases do VI Certame de pintura rápida Vila de Cedeira 2020

Data de celebración: 25 de agosto de 2019.

DESCARGAR PDF Bases do V Certame de pintura rápida Vila de Cedeira 2019

Data de celebración: 19 de agosto de 2018.

3º. – 500€ e diploma.

DESCARGAR PDF Bases do IV Certame de pintura rápida Vila de Cedeira

O Concello de Cedeira organiza o desfile de Entroido 2018 o sábado 10 de febreiro de 2018. Para fomentar a participación convócase un ano mais o tradicional concurso de disfraces de acordo coas seguintes bases:

PRIMEIRA. Para participar e optar aos premios é imprescindible cubrir a solicitude de inscrición e presentala no Rexistro do Concello (horario de 9:00 h. a 14:00 h.), ata o día 9 de febreiro de 2018 (hora límite – 14:00 h.). A persoa que actúe como representante será a que asine a solicitude de participación e deberá acompañar a fotocopia do seu DNI/NIE/Pasaporte. O/a representante asumirá todas as responsabilidades do beneficiario/a do premio, incluídas as obrigas fiscais. De depender a comparsa ou grupo dunha persoa xurídica a inscrición realizarase a través da sede electrónica do concello cubrindo unha instancia xeral e especificando nela a categoría na que se concursa, así como achegarase un documento polo que se autoriza á representación á persoa que presenta a instancia.

SEGUNDA. Modalidades:
–Comparsa: Considéranse comparsas un conxunto de persoas formado por un mínimo de 9 compoñentes representando un mesmo motivo.
–Grupos: Considéranse grupos un conxunto de persoas de entre 3 e 8 (ambos incluídos) compoñentes representando un mesmo motivo.
– Parellas
– Individuais
As comparsas e grupos poderán optativamente presentarse apoiados dun móbil (carro, plataforma…). A altura máxima será de 3 metros.
A mesma persoa non poderá participar en máis dunha categoría

TERCEIRA. Establécense os seguintes premios:
Comparsas: 1º: 600 € – 2º: 400 € – 3º: 300 €
Grupos: 1º: 300 € – 2º: 250 € – 3º: 200 €
Parellas: 1º: 40 € – 2º: 30 € – 3º: 20 €
Individuais: 1º: 30 € – 2º: 20 € – 3º: 15 €

CUARTA. A clasificación das distintas modalidades será determinada polo xurado do concurso. O xurado será designado polo Concello de Cedeira e quedará constituido por representantes municipais, de entidades culturais e sociais ou outras persoas de recoñecida capacidade .

QUINTA. Durante o desenvolvemento do desfile, o xurado valorará:
Categoría Comparsas e Grupos
– Vestiario e maquillaxe 0 a 4 puntos
– Traballo feito a man e emprego de materiais de refugallo 0 a 4 puntos
– Orixinalidade 0 a 3 puntos
– Móbil acompañando á comparsa 0 a 4 puntos
– Coreografía e música 0 a 3 puntos
– Simpatía (involucrar ao público) 0 a 5 puntos
Categoría parellas e individual:
– Orixinalidade do vestiario 0 a 4 puntos
– Traballo feito a man e emprego de materiais de refugallo 0 a 4 puntos
– Maquillaxe 0 a 3 puntos
– Simpatía (involucrar ao público) 0 a 5 puntos

SÉXTA. Os grupos e persoas participantes deberán presentarse na antiga estación de autobuses ás 17:00 h. do día 10 de febreiro e levar a cabo o percorrido marcado pola organización con remate na praza Roxa. No suposto de non poder facerse o desfile por cuestións meteorolóxicas, os/as participantes irán directamente ao Polideportivo onde se fará un desfile polo interior do mesmo. Os grupos que queiran poderán facer algunha actuación ou baile á chegada á praza Roxa. Esta actividade, deberán comunicala no momento da inscrición, tendo en conta que deberán entregar a música en formato mp3, nunha memoria externa, o venres 9 . Aqueles grupos que non comuniquen esta actuación, ou que tendo comunicada a mesma non entregaran a música en prazo, non poderán utilizar o equipamento acústico habilitado para o evento.

OITAVA. A orde de saída no desfile será designado pola organización, atendendo a cuestións como levar música soando na carroza ou ter previsto facer parada de baile…

NOVENA. A entrega dos diplomas acreditativos dos premios terá lugar, unha vez remate o desfile e actuacións dos distintos participantes, na Praza Roxa (ou polideportivo) logo da avaliación polo Xurado. A información sobre a concesión de premios será publicada na páxina web do concello.

DÉCIMA. Os/as premiados/as deberán solicitar o pago do mesmo, mediante transferencia bancaria, no rexistro do Concello de Cedeira, polo seguinte procedemento: deberan solicitar o cobro do premio no rexistro do concello, cunha solicitude xeral, e aportar un certificado dun número de conta onde figure como titular da mesma a persoa que incribiu a comparsa, grupo, parella ou individual.

UNDÉCIMA. Os presentes premios levarán consigo a retención en concepto de IRPF, que resulte da aplicación segundo as normas contidas na normativa reguladora do imposto.

DUODÉCIMA. A decisión do xurado será inapelable. O xurado do concurso terá a competencia de resolver calquera circunstancia non prevista nas presentes bases.

DÉCIMO TERCEIRA. A participación no Concurso de Disfraces supón a total e plena aceptación destas bases.

A Deputación Provincial da Coruña quére a través de esta convocatoria, xerar reflexión e conciencia na mocidade fomentando a súa participación nunha actividade creativa de sensibilización, a través da edición dun guión, dedicado a concienciar a poboación, en xeral, dos motivos polos que debemos xuntar os nosos esforzos para combater a violencia de xénero.

Participantes : Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, que cursen educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou outro tipo de formación análoga, que se presenten individualmente ou preferentemente en grupo (máximo 6 participantes por grupo), supervisados e titorizados por persoal docente do centro público de estudos ao que se adscribe, pertencetes á provincia da Coruña, e apoiados pola Dirección do centro.

Cada participante só poderá presentar un único guión orixinal e inédito, non premiado con anterioridade.

Non poderán participar as persas gañadoras en edicións anteriores.

Formato: o guión editarase tendo en conta os seguintes criterios:

  • Identificarese cun título
  • Redactarase con formato courier, interlineado sinxelo, aliñado á esquerda con numeración de escenas e páxinas. Máximo 4 páxinas de guión (previsto para unha producción aproximadamente de 3 ou 4 minutos).
  • Deberá conter polo menos, as seguintes partes; encabezado de escena, descripción/acción, personaxe, diálogo ( de ser o caso), anotación ou paréntese, transicións, e planos.
  • Presentare en papel e en soporte dixital. O guión impreso non poderá ir asinado co nome, a única referencia será o título. O idioma empregado será o galego, e engadirase a perspectiva de xénero.

Prazo: o prazo de admisións de guións ábrese o día seguinte á publicación, das presentes bases no BOP 9 de Novembro e péchase aos 30 días naturais 11 de decembro.

Forma de presentación dos traballos: o guión entregarase en soporte papel e dixital (CD,DVD, lapis de memoria, etc) nun sobre pechado; no exterior indicarase IV Concurso de guións contra a violencia de xénero 2017 e un título como identificador do guión.

Dentro dese sobre irá:

  1. O guión en soporte papel e dixital (CD, DVD, lapis de memoria, etc) identificado co título.
  2. Un sobre pechado co título no exterior, e no seu interior a folla de aceptación dos compromisos e autorización de datos de carácter persoal cos datos requiridos.

Bases : https://www.dicoruna.es/servizos-sociais/area-igualdade/premios/

Data límite de entrega: 27 de outubro de 2017.

BASES PARA O CONCURSO DE CURTAS DE SAMAÍN 2017

TEMA PARA AS CURTAS: Todo o relacionado co Samaín: lendas, historias de pantasmas, aparecidos, cabazas…

DURACIÓN MÁXIMA DAS CURTAS: Ata 5 minutos (recomendamos entre 1 a 3 minutos)

FORMATO: MP4, MOV ou outros formatos de video estandar.

PREMIOS ANPA PICAPEIXE: Vales para gastar na papelería La Paz de Cedeira.

Primeiro premio 50 €

Segundo premio 30 €

Terceiro premio 20 €.

A entrega de premios faráse o mércores 1 de Novembro as 19.00 h. da tarde no Auditorio Municipal de Cedeira, onde proxectaremos as curtas premiadas.

Valoraráse o guión, a interpretación e a orixinalidade das curtas.

DATA DE ENTREGA: Ata o venres 27 de outubro 2017

LUGAR DE ENTREGA: PÓDESE FACER NA OFICINA DE TURISMO DE CEDEIRA NUN PEN OU ENVIALA POR WETRANSFER AO CORREO

amigosdesamain@gmail.com

As curtas terán un título identificativo e ao final, nos créditos, nome dos autores, teléfono de contacto ou correo electrónico.

Data de celebración: 27 de agosto de 2017.

1º. – 600€ e diploma

2º. – 400€ e diploma

3º. – 300€ e diploma

Descarga bases do III Certame de pintura rápida o ar libre Vila de Cedeira

Prazo de presentación do 26 de xuño ao 21 de xullo de 2017

Temática “Cedeira e o mar”

1º premio – 600€

2º premio – 300€

3º premio – 100€

Descarga bases do concurso de fotografía “Obxectivo Cedeira”

Dende a Deputación Provincial da Coruña quérese a través de esta convocatoria, xerar reflexión e conciencia na mocidade, xa que son un vehículo de transmisión e motor do cambio e do futuro, ademais de fomentar a súa participación nunha actividade creativa de sensibilización a través da edición dun guión, dedicado a concienciar a poboación, en xeral, dos motivos polos que debemos xuntar os nosos esforzos para combater a violencia de xénero.

Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, que cursen educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou outro tipo de formación análoga.

BOP: nº 210 do 7 de novembro de 2016

IR A LIGAZÓN do BOP do concurso

DESCARGA as bases do concurso

A temática será o municipio de Cedeira: arquitectura, xardíns, montes, praias, festas e espazos singulares como San Andrés de Teixido, Garita de Herbeira, San Antonio do Corveiro e demáis relacionados co municipio. O prazo para presentar as obras estará aberto do 16 de maio ao 15 de xuño de 2016.

Os premios en metálico serán:

Primeiro Premio: 600 euros
Segundo Premio: 300 euros
Terceiro Premio: 100 euros
Dous accésits de 50 euros ás mellores obras locais (residentes en Cedeira)

Para coñecer toda a información sobre o concurso, pode consultar as bases na seguinte ligazón:

DESCARGAR WORD Bases I concurso de fotografia “obxectivo Cedeira

IR Á LIGAZÓN DOS RESULTADOS DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

BASES DOS XOGOS POPULARES 2016 – FESTAS PATRONAIS

1ª PARTICIPANTES: Poderá participar nos xogos calquera persoa física nada no ano 2.000 ou anteriores.

2ª TEMÁTICA: Os xogos consistirán nas seguintes probas:

Cucaña vertical (individual)

Carreiras de sacos (equipos mixtos- 3 persoas)

Colle a Bandeira (equipos mixtos- 3 persoas)

Carreira de ovo e culler (equipos mixtos- 3 persoas)

Xogo do pano (equipos mixtos- 3 persoas)

Tirada de corda (equipos mixtos- 5 persoas)

3ª PROBAS: As probas realizaranse segundo as normas do xogo e as indicacións da organización do Concello. As probas poderán suspenderse si pola climatoloxía ou calquera outra causa sobrevida se considera perigoso continuar coa súa celebración.

4ª LUGAR DE CELEBRACIÓN: Praia da Magdalena de Cedeira, sábado 13 de agosto de 2016, ás 17:30 horas.

5ª INSCRIPCIÓN: Os participantes poderán inscribirse dende unha (1) hora antes do inicio da proba, a pé de Praia.

A persoa que atúe como representante do equipo será a que asine a solicitude de participación. O representante asumirá todas as responsabilidades do/s beneficiario/s do premio, incluídas as obrigas fiscais.

6ª PREMIOS: 150 euros por proba e equipo.

A notificación dos premiados terá lugar o mesmo día de celebración dos xogos.

O/s premiado/s deberán solicitar o pago do mesmo, a partir do xoves 18 de agosto, nos servizos económicos do Concello de Cedeira.

8ª PAGAMENTO DOS PREMIOS: Os premios serán aboados mediante transferencia bancaria aportando certificado de conta bancaria a nome do premiado, ou da persoa física que actúa como respresentante na inscripción en caso de equipos (ou o seu representante legal, no seu caso), e aportando o seu DNI, e cando proceda levarán consigo a retención en concepto de IRPF que resulte da aplicación segundo as normas contidas na normativa reguladora do imposto.

9ª ACEPTACION DAS BASES: A participación neste concurso supón a plena aceptación de todas e cada unha destas bases, así como ás decisión da organización.

Calquera incidencia relativa ás probas, e que non estea recollida nestas bases, será sometida ao criterio da organización e as súas decisión serán respetadas necesariamente polos participantes.

A organización non se responsabiliza de imprevistos accidentes, lesións, etc, e apela á responsabilidade e bo criterio de cada un para evitalos.

Autorízase á organización a realizar e publicar cantas fotografías se consideren oportunas.

DESCARGAR WORD Bases xogos populares 2016

O Certame de Teatro Afeccionado “Fusa Guillén” nace coa vocación de promover actuacións de compañías de teatro afeccionado galegas e organizar actividades relacionadas co teatro que melloren a vida cultural da Vila de Cedeira.

O prazo de inscrición será do día 20 de agosto ao día 20 de setembro de 2023

O Certame de Teatro Afeccionado “Fusa Guillén” terá lugar os días 14 e 21 de outubro e 4 de novembro de 2023 no Auditorio Municipal de Cedeira. O horario das representacións será ás 20:00 horas.

Pódese descargar as bases na seguinte ligazón:

Descarga PDF Bases do II certame de Teatro Afeccionado “Fusa Guillén”

O Certame de Teatro Afeccionado “Fusa Guillén” nace coa vocación de promover actuacións de compañías de teatro afeccionado galegas e organizar actividades relacionadas co teatro que melloren a vida cultural da Vila de Cedeira.

O prazo de inscrición será do día 10 de agosto ao día 10 de setembro de 2022.

O Certame de Teatro Afeccionado “Fusa Guillén” terá lugar os días 9, 15 e 22 de outubro de 2022 no Auditorio Municipal de Cedeira.
O horario das representacións será ás 20:00 horas os sábados 15 e 22 e ás 18.00 h o domingo 9.

Pódese descargar as bases na seguinte ligazón:

Descarga PDF Bases do certame de Teatro Afeccionado “Fusa Guillén”