CONCELLO E DEPUTACIÓN CONVIDAN AOS COMERCIANTES A PARTICIPAR NO
SALIMAT E A TUREXPO EN SILLEDA

O Concello de Cedeira, en colaboración coa Deputación da Coruña  convida ás empresas do Concello a participar no 20º Salón da alimentación do Atlántico (SALIMAT) e a Turexpo, feira de Turismo de Galicia, que se vai a celebrar do 9 ao 12 de xuño de 2016 en Silleda, no marco da Semana Verde (39 Feria Internacional Semana Verde de Galicia.

Salimat trátase dun encontro entre profesionais do sector alimentario e gastronómico e máis o público, co obxectivo de poñer en contacto a distribuidores, empresas e consumidores finais, así como Turexpo é unhafeira de promoción e difusión dos recursos do territorio.

Nestes encontros, os comerciantes poderán mostrar os seus produtos tanto ao público como a empresas que poidan estar interesadas tanto na distribución como na compra do que manufacturen, incluso poderán cociñar alí os seus productos ou xestionar encontros comerciais entre profesionais.

A Deputación pon a disposición dos interesados un stand 24m2 como escaparate comercial dentro da feira de turismo.

Para máis información, pode consultarse a través do correo turismo.industrial@dacoruna.gal ou nos telefónos 981.080.753 e 981.080.383