Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Coa obra “Misterios” de Paula Carballeira pecha este venres o primeiro certame de teatro afeccionado de Cedeira

COA OBRA “MISTERIOS” DE PAULA CARBALLEIRA PECHA ESTE VENRES O PRIMEIRO CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO DE CEDEIRA

O primeiro certame de Teatro Afeccionado organizado polo Concello de Cedeira despídese este venres coa obra “Misterios” de Paula Carballeira. A asistencia media ás representacións, que deron comezo o día 11 coa peza de Álvaro Cunqueiro “A noite vai como un río”, é dunhas 60 persoas

A última cita, como as anteriores, terá lugar no auditorio e comezará ás 20.00 horas. Trátase dunha representación enfocada a un público familiar e correrá a cargo dos actores María López, Silvia Casal, Leonardo Lamas e Lorena Montero. Eles son a compañía “O Aturuxo de Melpómene” que, neste primeiro ano de vida, tamén será a encargada de pechar unha convocatoria a que o goberno municipal pretende darlle continuidade.