Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Cedeira volve ser sede do campus de fútbol da federación española de fútbol

CEDEIRA VOLVE SER SEDE DO CAMPUS DE FÚTBOL DA FEDERACIÓN
ESPAÑOLA DE FÚTBOL

Cedeira volverá ser sede do campus de fútbol da Real Federación Española de Fútbol (RFEF). “É todo un privilexio para o pobo que a Federación conte coa vila para poder participar nesta formación de nenos e nenas, xa que somos un concello que aposta polo deporte, a cultura e polos valores que dá o deporte”, segundo apuntou o alcalde de Cedeira, Pablo Moreda Gil, no acto de presentación que esta semana tivo lugar na Deputación da Coruña.

O campus na vila de Cedeira terá lugar do 15 ao 28 de xullo e vai dirixido, o mesmo que os que se impartirán en Cerceda e Boiro, a todos os nenos da provincia de entre 8 e 17 anos. Serán máis de 700 rapaces e rapazas os que participarán, tanto en réxime interno coma externo, en adestramentos e sesións informativas en horario de mañá e tarde.

Desde a Federación de Fútbol destácase que “coa ensinanza deportiva e extradeportiva que recibirán os nenos e nenas buscase fomentar a convivencia, a cooperación e a interacción entre os participantes a través da práctica do fútbol, e promover valores como a amizade, a autoestima, a tolerancia e o xogo limpo, así como desenvolver a aprendizaxe mediante un sistema de adestramento global que contribúa á maduración e a autonomía persoal”.

No acto tamén estiveron presentes o deputado responsable da Área de Deportes e alcalde de Cerceda, José García Liñares; o concelleiro de Boiro Fernando M. García Diéguez; o ex xogador internacional da Selección española, Paco Jémez; o ex preparador físico da RFEF, Jesús Paredes, e o responsable do Campus da RFEF, Joaquín de Ramos.