saltar al contenido Saltar a la barra lateral izquierda Saltar a pie de página

Cedeira retira hoy los últimos siete hijos avispas velutina

Cedeira retirar HOY últimos siete Vespa VELUTINA restantes en CIUDAD

O Concello de Cedeira vén de firmar un convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural polo que esta cede á administración local unha pértiga telescópica para o envenenamento e destrución dos niños de vespas velutinas, tamén chamadas asasinas o asiáticas.

O alcalde, Pablo Moreda Gil, que acudiu o mércores ao acto que tivo lugar en Santiago, reco- ñeceu que, se ben foron moitos máis, aínda existen alomenos sete niños de velutina que ameazan as colmeas poñendo en perigo o futuro da produción apícola e minguando o importante papel polinizador que teñen as abellas.

Personal de Protección Civil, xunto ao edil de Obras, Manuel Riola, levan retirados un total de 73 niños no último mes. Houbo días nos que se levaron a cabo ata unha ducia de traballos. Os sete niños que aínda existen desaparecerán definitivamente ao longo de mañá vernes, tal e como se asegura dende o Concello.

O sistema, que xa se viña probando dende hai algunhas xornadas, consiste nun mastro -que pode ser máis corto ou longo en función das necesidades- a través do cal se poden inxectar sustancias nocivas para as vespas, incluída a raíña. O trebello tamén ten unha folla cortante que serve para desprender o niño da árbore.

O alcalde recorda aos veciños que teñen que deixar aviso no 112 cando detecten a presenza dun niño de vespa velutina e agradece á Xunta, ao Concello de Ortigueira -o primeiro da zona en dispoñer da pértiga-, aos apicultores de Cedeira, aos voluntarios de Protección Civil e a Manuel Riola a súa axuda para frear a ameaza que representa a velutina nun municipio con tanta masa forestal como o cedeirés.