Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Cedeira recupera as visitas guiadas polo interior do Castelo da Concepción

CEDEIRA RECUPERA AS VISITAS GUIADAS POLO INTERIOR DO CASTELO DA CONCEPCIÓN

Coa fin de manter a oferta turística tamén durante o outono, o Concello de Cedeira recupera as visitas guiadas polo interior do castelo da Concepción. A fortaleza abre as súas portas ao público durante as fins de semana.

A participación é gratuíta. O horario é ininterrompido, de 12.00 a 17.00 horas, tanto os sábados como os domingos. Fora do mesmo, o Concello tamén ofrece a posibilidade de coñecer a súa historia a persoas que veñan en grupo. Nese caso é necesario concertar a cita mediante unha chamada telefónica á oficina de Turismo (981 482 187).

O castelo da Concepción é un fortín que, situado na parte alta do porto pesqueiro, ofrece unha fermosa vista tanto da vila como do mar que se abre aos seus pes. A fortaleza está a defender Cedeira desde o século XVIII. Foi construída no ano 1747.